10 PICASSOS no corazón do Museo do Prado


Dez obras de Pablo Picasso 
colgadas no salón central do Museo do Prado!
Os cadros proveñen do Kunstmuseum de Basilea, 
que posúe unha das mellores coleccións de Picasso do mundo.
10 cadros dos máis representativos da rica traxectoria do xenial artista, 
desde un de 1906 até outro de 1967: 
desde os preliminares do cubismo até o seu desenfreo expresionista final.

1. Os dous irmáns (1906) asimilando as leccións primitivistas da escultura ibérica e do románico catalán, pero tamén o linealismo aplanado de Ingres e a simplicidade arcádica do ideal clasicista mediterráneo.

Les deux frères
2. Home, muller e neno (1906), insiste nesta vía cun matiz máis escultórico e unha maior aproximación á obra de Cézanne e de Derain.

Homme, femme et enfant

3.Pans e fruteiro con froitas sobre unha mesa, cuxo formato alargado e aplanado, cun fondo engurrado e unha aguda geometrización de liñas rectas, curvas e diagonais, así como a decoloración en tons verdes e marróns, ponnos ás portas do cubismo.

Pains et compotier aux fruits sur une table

4.O afeccionado (1912), un retrato rememorativo dunha corrida que viu en Nimes, que nos mostra a cara fragmentada dun home con chapeu cordobés e bigote, que porta unha banderilla e unha botella, xunto a letras impresas de TOR e LE TORERO, é o exemplo culminante do cubismo analítico.

L'aficionado


 5. Muller con guitarra (1914), a partir dunha recreación das escenas musicais de Vermeer, e cunha composición de liñas que se funden sobre un fondo grisáceo moteado con manchas de azul, rosa e marrón, o é, pola súa banda, do cubismo sintético.

Femme a la guitare

6.Arlequín sentado (1923) é un belo exemplo do que se deu en chamar o "retorno á orde", que devolveu a Picasso á figuración clasicista tras a Primeira Guerra Mundial.

Arlequin assis

 7. Muller con chapeu sentada nunha cadeira de brazos (1941-1942), onde retrata a unha moi desfigurada Doura Maar xunto con Marie-Thérèse Walter, a  súa amante neses tempos de desolación bélica, unha relación marcada por escuros lazos sadomasoquistas, que se reflicten ben neste estereotipo da muller embutida nun sofá de ferro, a medias entre o virtuosismo ingresco e unha claustrofóbica prisión.

Femme au chapeau assise dans un fauteuil

8. Mozas á beira do Sena, segundo Courbet (1950),con este cuadro inicia os seus diálogos pictóricos cos grandes mestres, realizada tras ser convidado a inserir a súa propia obra no Louvre en 1947.

Les demoiselles des bords de la Seine, d'après Courbet

9.Venus e o amor (1967)

Vénus et l'Amour

10. A parella (1967), Picasso contaba 86 anos e restáballe un lustro para morrer, coa liberdade que só lles é dada aos artistas anciáns, o xenial pintor desprega o seu amor por Rembrandt, executando unha fermosa oda melancólica do adeus á vida. 

Le coupe


PABLO PICASSO,
un artista que soupo selo ata o final.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!