CARLA: "Esta é a miña cuberta"

Cando SOÑOS DE PAPEL 
rematou de ler a MEMORIA DA CHOIVA de Pedro Feijoo 
xa era tarde para participar neste DISPARATE  que nos propoñía o autor(clic)

-"O que vos propoñemos é tan sinxelo como que vós nos enviedes unha foto vosa. Enviádenos a que vos queirades, coa cara (ou co que sexa...) que mellor vos vaia, e con ela nós iremos compoñendo a vosa propia cuberta de "A memoria da choiva". En principio, a idea vai de facer unha boa colección de olladas ameazantes, pero podedes enviar foto do que vos apeteza. Dos vosos propios ollos, da cara do voso can, dun primo voso que sempre pensastes que tiña cara de asasino en serie, da vosa sogra... O que queirades! Quen sabe, igual até compoñemos unha cuberta coa ollada do ministro de facenda, que este tamén mete moito medo..."


Así que decidimos facelo pola nosa conta: 
Disparatado, divertido, creativo, instrutivo, nutritivo...



e realmente ameazante!

2 comentarios:

  1. Pedro Feijoo25/3/15

    Incrible!!! Que saibades que acabo de quedar alucinado con esta cuberta! Moitísimas grazas pola vosa iniciativa. Mándoa dereita para a editorial... Moito mellor có meu propio ollo! ;) Moitísimas grazas!!!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Pedro.
    Todo o mérito é teu por provocarnos coa túa literatura e a túa maneira de tratarnos como lectores.
    Que che gustara é un autentico PREMIO para nos!!!
    Fainos sentir importantes.
    Parte de algo máis grande.
    Un saúdo!!

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!