23 NOVOS AMIGOS DA BIBLIOTECA!!!


Os alumnos de 1º ESO recibiron esta semana o carnet máis bonito, 
O CARNET DA BIBLIOTECA, 
que os acredita como membros desta tribo de lectores:

-a tribo dos lectores que gozan da intimidade, da soidade e do silencio. 
-a tribo de lectores aos que lles gusta conversar sobre os seus libros favoritos. 
-a tribo de lectores que habitan nun mundo de páxinas e palabras. 
-a tribo de lectores que atopan pracer na lectura e tamén na relectura. 
-a tribo de lectores que cren que ler é lembrar, e vivir, e soñar e volver a vivir. 
-a tribo de lectores que dubidan e que pensan. 
-a tribo de lectores que acoden ás librerías para acougar unha sede ou acender unha luz.

BENVIDOS!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!