Acabada a primeira fase de instalación de luces LED
no instituto.
1. É máis segura que a luz tradicional, porque é menos contaminante: non ten mercurio nin tungsteno. Ademais, reduce as emisións de CO2 nun 80%.
2. Dura moitísimo máis: ata 45.000 horas de uso (máis de 15 anos, se a acendemos unhas 8 horas ao día), cun mantemento mínimo.
3. Non xera calor, así que non queima (o 80% da enerxía que consome convértese en luz, ao contrario que a lámpada incandescente, que perde ese mesma porcentaxe en forma de calor).
4. Aforro enerxético (polo motivo anterior, consomen ata un 85% menos que as lámpadas tradicionais). Na factura da luz economizarás entre 50? (comparada cunha incandescente) e 275? (cunha halóxena).
5. Resiste temperaturas máis extremas que as lámpadas incandescentes, ademais de maior humidade e vibracións.
6. Aceso instantáneo.
7. Resistente a un enorme número de ciclos sen prexuízo para o seu rendemento (as veces que se acende e apágase).
8. Reproduce as cores cunha gran fidelidade, cun índice cromático de 80 sobre 100. Ten, ademais, diferentes tons de luz (fría, cálida) para axustarse a todo tipo de ambientes.
E igual tamén che interese saber que o LED, Light Emitting Diode (diodo semiconductor que emite luz ao ser atravesado por unha corrente eléctrica) non é tan recente como parece: foi inventado en 1962 polo enxeñeiro americano Nick Holonyak. O seu LED vermello converteuse no indicador de aceso/apagado case oficial para todo tipo de aparellos eléctricos. O LED branco tardou bastante máis en chegar. Foi en 1993, e desde entón empezou a conquistar espazo grazas a todas estas vantaxes que che contamos hoxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!