Dende 1997 celébrase o Día da Biblioteca o 24 de outubro, una conmemoración
impulsada pola Asociación de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil á que se foron
sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as
administracións autonómicas.
Pola súa parte, o Ministerio de Cultura e Deporte propón este ano 2019 a
incorporación do lema "APTAS PARA TODOS OS PÚBLICOS", co obxectivo de
salientar o papel das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero.
As bibliotecas escolares galegas teñen o seu propio lema para este curso
2018/2019, “BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA”, que conta cunha imaxe propia creada por Óscar
Villán.
Cómpre sementar, crear un hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas,
os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos
naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros,
adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos
Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica
e enriquecedora para todos e todas.
A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía"
no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza
fronte aos retos que o mundo actual nos presenta.
Precisamente esta semana e aproveitando a efeméride démoslles a benvida aos
novos usuarios da nosa biblioteca: o alumnado de 1º A e 1º B. Entregámoslles os
carnés da biblio, explicámoslles o seu funcionamento e fixeron uns xogos para
aprendera a localizar volumes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!