ENTREGA DE PREMIOS DO I CERTAME DE DECORACIÓN DE SAMAÍN

 O xoves 11 celebramos a entrega de premios correspondentes ó I Concurso de Decoración de Samaín.  

A participación no concurso foi moi alta, como tamén o foi o nivel de implicación e o traballo realizado polo alumnado das diferentes aulas.

Actuaron como xurado as profesoras Dna. Fina López, en cualidade de representante do Consello Escolar; Dna. Alicia Merino, como xefa do Departamento de Plástica e Dna. Elia Gallego, como representante de Dirección. Como secretaria, con voz pero sen voto, actuou Dna. Pilar Alonso en cualidade de coordinadora da Biblioteca.

Tras arduas deliberacións, as aulas gañadoras, nas distintas categorías, foron as de 2º ESO B e 4º ESO. 

Parabéns ás gañadoras e moitas grazas a todas por participar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!